The Rapants gaña o certame de bandas Último Acorde x Johnnie Walker en Madrid
A banda muradá conquistou ao público e ao xurado co seu himno 'La mítica' e cunha versión de 'El Farsante'
La máquina del buen rollo chegou a Madrid para coroar a The Rapantscomo a banda gañadora do certame Último Acorde x Johnnie Walker, celebrado o venres en La Sala do WiZink Center. Xurado e o público coincidiron de forma unánime en premiar ao grupo muradán logo da interpretación do seu himno La mítica e unha curiosa versión do tema El Farsante, de Ozuna.
Matías, Samu, Xanma e Xaquín despregaron todo o seu talento sobre o escenario para fascinar ás e aos asistentes, que non dubidaron en berrar, con eles, o seu xa imprescindible lema Somos juapísimos. O certame, promovido polo proxecto de difusión musical Último Acorde, contou na súa final coa participación da banda muradá, ademais de Éxtasis, Marenitas e Venturi. O xurado, conformado pola artista Cris Fuertes, o produtor Guille Mostaza e o músico Noni Meyers -cantante de Lori Meyers- escolleu a The Rapants como a mellor banda desta edición.
The Rapants lanza su ‘Blaster W4u’, con un videoclip en el que participan 400 muradanos
Este sábado 27 continúa a xira de presentación de La máquina del buen rollo. The Rapants leva o seu potente directo esta tarde a Ordes, á Festa do Champiñón, mentres que o martes 30 visitará Outes para actuar no Pampallín. Xa en maio, Matías, Samu, Xanma e Xaquín formarán parte de citas como Agalega Fest (sábado 4, Muimenta), Terraceo (sábado 11, Vigo), Ourensound (venres 24) e o Festival de Cans (sábado 25, Porriño). En xuño actuarán no Surfing The Lérez e no mes de xullo e agosto serán parte do cartel do Portámerica, as Festas do Albariño e o SonRías Baixas. A seguinte cita confirmada polos rapantes é o festival Osa do Mar, en setembro, en Burela.
Temas
Más en Área
-
El PSOE de Rianxo no participará en una posible moción de censura
-
A seguridade vial, a debate na primeira reunión do Consello Escolar de Ribeira
-
Nuevo accidente en la N-550: una persona herida tras salirse con su coche de la vía y volcar
-
Tres personas, entre ellas un bebé, heridas tras chocar el vehículo en el que viajaban contra un poste en Porto do Son