Mercado ecosostibe de roupa de segunda man no IES Poeta Añón

A iniciativa está enmarcada nas actividades da biblioteca que buscan concienciar a toda a comunidade sobre a necesidade de emprender accións individuais que contribúan a preservar o entorno natural

Mercado ecosostibe de roupa de segunda man no IES Poeta Añón

Mercado ecosostibe de roupa de segunda man no IES Poeta Añón / Cedida

O IES Poeta Añón de Outes inaugurou este luns nas súas instalacións un mercado ecosostible de roupa de segunda man, que continuará o martes.

Calquera persoa está invitada a pasar polo centro eses días, en horario de 16.20 a 20.00 horas, e poderá levar ata 5 prendas de vestir en perfecto estado totalmente gratis para darlles unha segunda vida.

Mercado ecosostibe de roupa de segunda man no IES Poeta Añón

Mercado ecosostibe de roupa de segunda man no IES Poeta Añón / Cedida

A iniciativa está enmarcada nas actividades da biblioteca que buscan concienciar a toda a comunidade sobre a necesidade de emprender accións individuais que contribúan a preservar o entorno natural e a fomentar a reciclaxe.