ELECCIONES MUNICIPALES 28M

Anxo Rei Arca

Anxo Rei Arca, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Padrón

Anxo Rei Arca, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Padrón / PSdeG

ECG

Candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Padrón

Nado en 1989, Anxo Rei Arca é graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten un máster en Formación de Profesorado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas pola Universidade de Granada. É arqueólogo de profesión.

Concelleiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Padrón dende 2019, ocupa os cargos de secretario xeral da Agrupación socialista de Padrón e secretario provincial de Patrimonio Cultural do PSdeG-PSOE.