O BNG de Carballo impulsará unha comunidade enerxética para autoconsumo compartido
Avanzar cara unha transición enerxética segura, xusta e inclusivaé un dos obxectivos do BNG de Carballo, que xa vén traballando dende o Concello na posta en marcha da primeira comunidade enerxética local como instrumento idóneo para responder aos retos do cambio climático, á vez que se desenvolve un modelo de empresa de economía social con participación directa da cidadanía.
As comunidades enerxéticas locais son, segundo subliñan dende o BNG, entidades xurídicas, formadas por unha agrupación de socios que, voluntariamente e con participación cooperativa, establecen os seus obxectivos na obtención de beneficios enerxéticos, sociais, ambientais e económicos para os membros da comunidade. Poden incluír veciños, empresas e administracións públicas.
Para a formación nacionalista “a creación desta comunidade supón un compromiso coa sustentabilidade e a acción social cooperativa, pero tamén xera unha oportunidade para mitigar a pegada ecolóxica municipal a través da participación de edificios e instalacións municipais dentro da comunidade enerxética”.
De seguir á fronte do goberno carballés, o equipo que lidera o alcalde Evencio Ferrero comprométese a “facilitar a creación da comunidade, achegar aqueles edificios que sexan aptos para a instalación de enerxías renovables e ser o axente de difusión e concienciación da veciñanza”.
Temas
Más en Elecciones municipales
-
Los concellos del Barbanza constituyen sus corporaciones locales: Luís Pérez ya es alcalde de Ribeira
-
El Bloque de Noia descarta entrar en un cuatripartito, pero se ofrece a investir al socialista Fran Pérez
-
La alcaldesa de Santiago responde a Verea: "Hai algunha forza política que aínda non asumiu o resultado das eleccións"
-
La gestora del PSOE de Santiago nombra a Gonzalo Muíños nuevo portavoz de los socialistas