“No PG sabemos que temos a posibilidade real de traer a Copa Davis a Santiago”
O Partido Galego(PG), que concorre ás eleccións do 28-Mcelebrou no serán do xoves o seu acto central de campaña, no Restaurante Paz Nogueira, no Castiñeiriño. EL CORREO conversou con Beatriz Estévez, a súa candidata sobre os problemas que ven na cidade e as propostas que teñen para mellorala.
Sobre a motivación para presentar a candidatura do PG, “herdeiro do Partido Galeguista”, ás municipais, Estévez teno claro, “a cidadanía ten que saber que hai máis de catro opcións e que cada catro anos podemos botalos fóra, poden botarnos fóra”, destaca a candidata. “Hai unha concepción pervertida na que parece que os políticos son os donos, cando son os servidores”, afirma, “o que nos di a veciñanza é que no Concello hai prepotencia e mala educación”. “Nós non queremos facer da política a nosa fonte de ingresos, porque afortunadamente temos as nosas profesións, cando fagamos o noso traballo haberá quen nos substitúa”, recalca Beatriz Estévez.
“No PG sabemos que temos a posibilidade real de traer a Santiago a Copa Davis, pois o noso presidente tamén o é da Federación Galega de Tenis e veo viable, pero entre tanta mentira a xente pensa que o político mente”. Explica Estévez en relación ás “propostas desorbitadas” doutras formacións políticas.
Estévez ve necesario superar as fendas que ten a cidade en canto a vivenda, transporte e industria. “Temos que chegar aos 100.000 habitantes e non chegamos porque hai que apostar polo traballo e pola vivenda para que o estudantado quede a vivir na cidade, por exemplo”.
Estévez destácase das demais formacións porque “a nosa campaña non lle custou nada ao contribuínte” e a firma que o vindeiro domingo “temos boas espectativas, dannos ata dous edís”.
Temas
Más en Elecciones municipales
-
Los concellos del Barbanza constituyen sus corporaciones locales: Luís Pérez ya es alcalde de Ribeira
-
El Bloque de Noia descarta entrar en un cuatripartito, pero se ofrece a investir al socialista Fran Pérez
-
La alcaldesa de Santiago responde a Verea: "Hai algunha forza política que aínda non asumiu o resultado das eleccións"
-
La gestora del PSOE de Santiago nombra a Gonzalo Muíños nuevo portavoz de los socialistas