Unha nova fronte fría chega este xoves a Galicia e traerá chuvia a Santiago ata o domingo

As temperaturas serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios

Vista de Santiago de Compostela este xoves

Vista de Santiago de Compostela este xoves / Javier Rosende

Agencias

Hoxe xoves chega unha nova fronte fría a Galicia. Deste xeito, segundo a previsión de Meteogalicia, os ceos estarán nubrados, con precipitacións, que comezarán de xeito feble pola mañá no oeste da Comunidade, pero que se estenderán cara ao leste, á vez que se intensificarán co avance da tarde.

En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nos próximas días, ocasionalmente moi anubrados.

Haberá precipitacións todos os días, o xoves, venres e sábado. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios.

No referido á calidade do aire, espérase que mellore dun grao favorable a un grao bo.

As temperaturas mínimas experimentaron un lixeiro ascenso mentres que as máximas apenas terán cambios. O vento soprará de compoñente sur moderado, con intervalos fortes no litoral.

Temperaturas extremas previstas nas sete cidades galegas:

Santiago 12° 13°

A Coruña 13° 17°   

Ferrol 13° 16°  

Lugo 10° 16°

Ourense 12° 20°  

Pontevedra 13° 16° 

Vigo  14° 15°