Novo, Pugno e Chung Hee, no Xardín das Pedras que Falan

As tres novas pedras do xardín/concello

As tres novas pedras do xardín/concello / ecg

ECG

O Xardín das Pedras que Falan, sito no xardín de Fonseca, conta dende onte cos versos de tres novas poetas: Olga Novo, Laura Pugno e Moon Chung Hee. As pedras cos seus textos foron descubertas, nun acto presidido polo alcalde. Xosé Sánchez Bugallo felicitounas e sinalou que “estas tres mulleres excepcionais pasan a formar parte permanente, para sempre, da vida de Santiago, unha cidade de pedra, de terra e de árbores”.

Olga Novo di, nestes versos inéditos, que “a última vangarda é o amor”. Para Laura Pugno “aflora a palabra como un pedazo de óso, un pensamento entre a mente e a herba”. E Moon Chung Hee, a única homenaxeada ausente, escribiu: “son eu o único xeito de atoparme. Baixo o ceo cheo da pregunta”. Estas tres novas pedras suman quince, das 42 previstas no proxecto.

No acto tamén estaban presentes tamén o reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC e un dos impulsores do proxecto xunto o escritor Suso de Toro; así como os edís Branca Novoneyra e Jorge Duarte, de Compostela Aberta.

TEMAS