Compostela Aberta denuncia retrocesos en dereitos sociais

María Rozas, portavoz de Compostela Aberta

María Rozas, portavoz de Compostela Aberta / Jesús Prieto

ECG

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía, María Rozas, mantivo un encontro con representantes de máis dunha ducia de entidades sociais que traballan en Compostela, dentro do ciclo de xuntanzas Falemos do que importa. Rozas lamentou “os grandes retrocesos en dereitos sociais que vivimos nos últimos anos, aos que o Goberno de Bugallo non soubo nin quixo facerlles fronte”. Para a portavoz municipal, “por moito que o alcalde insista en que este foi o mandato das persoas, a realidade é que hoxe temos unha administración menos accesible para a veciñanza”.