A estación de autobuses de Santiago confirma a súa recuperación en 2022
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá o Consello de Administración de Tussa, no que se aprobaron as contas anuais de 2022 e o Plan de Igualdade.
Redacción
Á vista dos resultados presentados, "podemos falar de normalización do servizo e superación da etapa dos anos 2020 e 2021 marcada pola pandemia", sinalou o rexedor. En 2022, 1.595.010 viaxeros fixeron uso da estación de autobuses de Santiago, "unha cifra moi positiva", á que lle hai que engadir 1.742.785 viaxeiros do transporte metropolitano e das liñas regulares que non foron usuarios directos da estación. En total, sumando ambos conceptos, 3.337.795 usuarios.
A esta cifra engádenselle os 3.120.000 usuarios da estación de tren, que dá como resultado un total de 4.715.000 viaxeiros que empregaron a Intermodal, "números que confirman a súa posición como o principal centro de comunicacións de Galicia", apuntou Sánchez Bugallo.
No referido ao uso dos aparcadoiros, produciuse un incremento do 20% con respecto ás cifras de 2021 e do 100% se se comparan coas de 2020, aínda que "non se acadaron por completo as de 2019". Con respecto á dársena de Xoán XXIII, recibiu en 2022 9371 autobuses, fronte aos 3430 de 2021, sen chegar, de momento, aos 12.123 de 2019.
Ingresos
En canto aos resultados económicos, os ingresos acadados ascenderon a 3.265.221 euros, lixeiramente por debaixo das previsións orzamentarias, cunhas "pequenas perdas de 10.459 euros". "Considérase un resultado moi razonable que permite dar por superada a época da pandemia, na que se produciron perdas moi superiores", salientou o alcalde que reiterou que "estamos a piques de acadar o equilibrio".
Plan de Igualdade
Na sesión celebrada hoxe tamén se aprobou o Plan de Igualdade e os protocolos de actuación ante vítimas de violencia de xénero e de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e/ou por razón de sexo ou orientación sexual, identidade de xénero e/ou expresión de xénero, que contou co voto favorable de todos os sindicatos con representación na empresa.
- Un alumno del Colegio Peleteiro de Santiago arrasa en la Olimpiada Española de Química: se lleva el bronce tras hacer doblete en Galicia
- Un hotel de Santiago se cuela entre los mejores de España al ganar la nueva distinción de la Guía Michelin
- Así es el original mirador de Santiago que permite sacar la fotografía más buscada de la Catedral
- Una mirada al pasado de Santiago en color: así era la Compostela de principios del siglo XX
- El informe municipal sobre la actuación de la Panorama en el Obradoiro es negativo: ¿Habrá cambio de escenario?
- Inauguran la sede que albergará las dependencias de Tráfico mientras se reforma el cuartel de Santiago
- Cuatro aviones Eurofighter sobrevuelan Santiago y realizan maniobras en el Aeródromo Militar de Lavacolla
- Sigue el choque por el polígono de A Sionlla: Santiago rechaza el plan que propone la Xunta para el mantenimiento