O novo modelo de calculadora ClassWiz inclúe o galego na súa configuración

Calculadora ClassWiz en galego / s. alvite

Calculadora ClassWiz en galego / s. alvite / l.rey

O novo modelo da calculadora ClassWiz que por primeira vez inclúe o galego entre as súas opcións de configuración presentouse onte na Facultade de Matemáticas. Ademais, tamén incorpora o manual de instrucción en lingua galega. Deseñada dende a División Educativa CASIO para os docentes é que atende ás melloras solicitadas polos usuarios estará previsibiblemente á venta no vindeiro mes de xuño. A decana do centro, Elena Vázquez Cendón destacou que esta calculadora “suma matemáticas, creatividade, docencia e compromiso social” o que apoia o obxectivo existente de “proxectar as matemáticas en galego sempre que se poida”. No acto tamén participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; François Vilaprinyó, director xeral de Casio en España; Julio R. Taboada, presidente da Asociación Galega de Profesores de Matemáticas (AGAPEMA); Cristina Naya, doutora en Matemáticas pola USC; Ana Freire, doutora e enxeñeira en Informática; e Eloy Bernal, responsable de comunicación da División Educativa de Casio España. Pola súa parte, Cristina Naya, como formadora de docentes en primaria e secundaria, defendeu o uso do dispositivo “para promover o razoamento matemático. Ademais, avanzou que recibirá formación da mesma “cando o precisen”.