A Policía Local de Santiago detén dúas persoas por un roubo con violencia na rúa Edison
Efectivos da Policía Local detiveron onte dous individuos que se deron á fuga nun coche despois de quitarlle o bolso a unha muller mediante un tirón
Redacción
Efectivos da Policía Local detiveron onte dous individuos que se deron á fuga nun coche despois de quitarlle o bolso a unha muller mediante un tirón, nas inmediacións dunha sucursal bancaria da rúa Edison. Según informa o Concello, o incidente tivo lugar na mañá de onte na vía Edison e consistiu nun roubo con violencia dun bolso a unha persoa de 80 anos que acababa de extraer do caixeiro dunha sucursal bancaria un importe de 300 euros.
A vítima do incidente e unha testemuña informaron dos feitos á Policia Local e puideron achegar a placa de matrícula do vehículo dos autores do roubo.
Tras levar a cabo diferentes pescudas e a posta en marcha dun despregamento policial na cidade, o vehículo foi localizado na zona de San Roque de Laraño, lugar no que os efectivos da Policía Local realizaron un primeiro intento de interceptación. O vehículo deuse á fuga a gran velocidade pero, finalmente, a Policía Local puido paralo. Os axentes do corpo procederon á detención de dous ocupantes do vehículo e ao seu traslado a Comisaría.
Un terceiro ocupante logrou escapar da persecución, botándose do coche en marcha, aínda que está identificado.
- La Urbana llega a Santiago: el nuevo local de hamburguesas abrirá esta semana en Cancelas
- La heredera de Rosario Porto logra vender el chalé de Teo donde fue asesinada Asunta
- Vuelven los conciertos a la azotea de este hotel de Santiago: gastronomía y música para iniciar la cuenta atrás del verano
- La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
- Los Reyes que yacen enterrados en la Catedral de Santiago: visitas guiadas al Panteón Real
- Raxoi otorga la licencia para ampliar la gasolinera más barata de Santiago
- La odisea de alquilar un piso para dormir durante O Son do Camiño: "Es imposible encontrar algo por menos de 1.200 euros
- Más allá de O Son do Camiño: estos son los festivales que no te puedes perder este verano cerca de Santiago