Verea esixirá o retranqueo do muro da rúa Vedra "que tanto reclaman os veciños"
Para o candidato á Alcaldía polo PP de Santiago a solución dada polo Concello tras semanas coa rúa cortada non é suficiente
O candidato á Alcaldía polo PP de Santiago, Borja Verea, reuniuse coa veciñanza do barrio compostelá de Pontepedriña, onde se afirmou que esixirá o retranqueo do muro da rúa Vedra que "tanto reclaman os veciños", según informou o partido nun comunicado de prensa. Para Verea, a solución dada polo Concello tras semanas coa rúa cortada non é suficiente. “Non se trata de fixar unhas pedras con cemento e tirar para adiante, hai que plantexar unha solución definitiva a este problema e deixar a política dos parches atrás, os composteláns merecemos un goberno que non nos tome o pelo”, sinalou.
Esta xuntanza inclúese dentro dos encontros directos que Borja Verea está mantendo cos cidadáns polos diferentes barrios e parroquias da cidade, ao que hai que sumar as xuntanzas coas entidades veciñais, sociais, culturais e deportivas que o candidato Popular iniciou hai xa máis de dous anos. Durante a reunión, o candidato á Alcaldía insistiu en levar a cabo un estudo serio do tráfico na zona xa que hoxe en día existen rúas, como a Brión, nas que é imposible manobrar con coherencia. Así o que pretende é evitar rodeos innecesarios que complican o tránsito diario dos vehículos dos alí residentes.
Verea calificou de “imprescindible” unha humanización do Restollal pero sen esquecer que “estamos a falar dunhas das principais vías de entrada á cidade e non podemos de súpeto eliminar o tráfico desta zona”. Así, para o candidato popular é necesario soterrar a rotonda e mellorar o acceso peonil, co que se facilitaría a vida dos veciños de Pontepedriña.
Borja Verea: “Son un candidato de goberno, quero gobernar Santiago”
Ademais lamentou que o Goberno socialista “continúe coa súa táctica de presentar os mesmos proxectos que hai 4 anos, como o que lles intentou vender aos veciños do Restollal e que non convenceu a ninguén, ou como a piscina de Santa Marta, da que durante esta lexislatura nada de soubo pero que agora en plena campaña volve sacar da chisteira”. “Estamos ante unha candidatura, a do partido socialista, á que, tras catro anos en branco, xa ninguén cre”, destacou Verea.
Temas
Más en Santiago
-
O PP de Santiago pídelle ao BNG que “poña remedio” á inseguridade da praza da Mercé
-
Un hotel de polinizadoras para loitar pola recuperación da biodivesidade
-
Mestrelab estrena a finales de septiembre su centro de investigación de Santiago
-
“Estoy haciendo otro libro con mi padre (Manquiña), uno basado en sueños”