Borja Verea: “Son un candidato de goberno, quero gobernar Santiago”

Verea comprometeuse a seguir pelexando “en cada barrio, en cada parroquia, para conseguir esa gran maioría que necesitamos en Santiago para levar á cidade ao século XXI.

Borja Verea, candidado á Alcaldía de Santiago polo PP, foi encargado hoxe de abrir o acto de presentación dos 313 candidatos ás eleccións municipais en Galicia.

Borja Verea, candidado á Alcaldía de Santiago polo PP, foi encargado hoxe de abrir o acto de presentación dos 313 candidatos ás eleccións municipais en Galicia. / PPdeG

ECG

Borja Verea, candidado á Alcaldía de Santiago polo PP, foi o encargado hoxe de abrir o acto de presentación dos 313 candidatos ás eleccións municipais en Galicia.

Nun multiusos Fontes de Sar ateigado con máis de 4.000 persoas, e baixo a atenta mirada do presidente Feijóo e o presidente Rueda, Verea comprometeuse a seguir pelexando “en cada barrio e en cada parroquia para conseguir esa gran maioría que necesitamos en Santiago para levar á cidade ao século XXI”.

Verea recoñeceu que para el a política é unha paixón, “non se trata dun día máis na oficina”. Neste senso afirmou que “eu teño unha paixón que se chama Compostela e teño ganas de gañar”.

Para o candidato á Alcaldía, as eleccións municipais son a nai de todas as eleccións, “estamos a falar da batalla política máis difícil que existe”, e admitiu que Santiago no é unha praza sinxela. “Hai 4 meses, neste mesmo recinto, e cando as enquisas dicían que era imposible, díxenvos que iamos gañar as eleccións municipais en Compostela, e hoxe todas as enquisas certifican que, despois de 12 anos, o PP volverá gañar en Santiago”, salientou.

Borja Verea afirmou ademais que é “un candidado de goberno, porque somos un partido de goberno, e sabemos que gobernar para nós é sinómico de gran maioría”, unha gran maioría que “necesito para construír un novo compostelanismo”.

Verea rematou sentenciando que “do mesmo xeito que vos dixen hai 4 meses que iamos gañar as eleccións municipais, dígovos hoxe, con toda a calma, pero con toda a firmeza, que imos conseguir esa gran maioría, que serei o alcalde de todos, que levarei a Compostela ao século XXI”.