Bugallo sobre o acordo da Casa da Xuventude: "É unha magnífica noticia para Santiago"

O alcalde agradeceu os deputados provinciais, tanto do Partido Socialista como do BNG o seu apoio á proposta.

O alcalde Xosé Sánchez Bugallo e a Casa da Xuventude

O alcalde Xosé Sánchez Bugallo e a Casa da Xuventude / David Suárez

Redacción

O rexidor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, manifestou a súa satisfación pola ratificación do acordo e proposta de convenio entre o Concello de Santiago e a Deputación Provincial da Coruña para a Casa da Xuventude.

O alcalde declarou que "é unha magnífica noticia para Santiago" en declaracións esta misma mañá, e agradeceu os deputados provinciais, tanto do Partido Socialista como do BNG o seu apoio á proposta.

Bugallo salientou que é unha proposta "moi boa para Santiago, para a Cidade Histórica e para o barrio de San Pedro" que garante unha actuación acorde o que se merecen os veciños. Será un espazo extraordinario tanto para a xuventude como para a realización de eventos, e ademáis achega fondos da Deputación importantes e imprescindibles, porque sen eles, sería moi difícil que o Concello puidera acometer esa actuación.

Tamén quiso anunciar que se vai convocar un concurso o que poderán concurrir tódolos arquitectos de Santiago e de fóra de Santiago, presentando as súas propostas para a intervención no edificio que consistiría en rebaixar o inmoble e acondicionalo, ademáis de habilitar a accesibilidade do parque de Belvís.