Desestimado o recurso dos taxistas do Pino para operar en Lavacolla

Así o recolle a xunta de goberno local celebrada onte en Raxoi

Un taxi nas rúas de Santiago

Un taxi nas rúas de Santiago / ECG

ECG

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso presentado polo colectivo de taxistas de O Pino contra a previa resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, que “desestimara a solicitude do devandito colectivo para o establecemento dun réxime específico para a prestación do servizo de autotaxi no aeroporto de Lavacolla”, tal e como recolle o informe da xunta de goberno local celebrada onte en Raxoi. Os demandantes solicitaban o recoñecemento dun réxime específico para a prestación do servizo de autotaxi no aeroporto de Lavacolla con dereito dos taxistas de O Pino a operar en dito aeroporto.