Goretti Sanmartín presenta mañá a lista do BNG para as eleccións do 28-M na Capitol

Primeiro tramo da lista que encabeza Sanmartín na capital galega

Primeiro tramo da lista que encabeza Sanmartín na capital galega / redacción

redacción

O BNG anima á veciñanza a asistir mañá ao acto de presentación da candidatura para as eleccións municipais do 28M, que terá lugar na Sala Capitol, ás 20.30 horas e que contará coa intervención de Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.

“O BNG está en ascenso e queremos dirixirnos ás persoas que teñen o corazón en Compostela, a aquelas que están decepcionadas co actual goberno local e ás que xa colleron a papeleta nas pasadas eleccións a favor de Ana Pontón, porque confían en que somos unha forza política con garantía de solvencia e de eficacia para conseguir máis calidade de vida, mellores servizos, unha cidade máis adaptada ás persoas, aberta e amábel, con futuro e posibilidades de desenvolvemento económico”, explicou Goretti.

A candidata á Álcaldía anunciou que “este evento de presentación da candidatura vai servir para coñecer o equipo que temos preparado para transmitir o moito que pode gañar Santiago co BNG no goberno municipal, coa idea de recuperar o orgullo de ser capital de Galiza”.