A Xunta de Goberno aproba a licitación de 835.00 euros do Centro Integral para a Inclusión Social
Estará ubicado no parque de Belvís, nun dos edificios de titularidade municipal que actualmente está en desuso e que acolleu o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela

Imagen de la fachada del Centro de Inclusión Social / Concello de Santiago
ECG
A Xunta de Goberno aprobou este luns o expediente de contratación do Centro Integral para a Inclusión Social (CIPIS) que conta cun orzamento base de licitación de 835.142 euros. Segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o obxectivo deste centro de servizos é atender e formar ás persoas en risco de exclusión social. "Axudalas", subliñou, "na medida do posible" na súa reinserción social e laboral, "préstandolle atención á problemática que plantexen a nivel social, psicolóxico e sanitario". O que non será, aclarou Bugallo, é unha residencia.
O centro contará cunha superficie total construída de 1.152 metros cuadrados, e estará ubicado no parque de Belvís, nun dos edificios de titularidade municipal que actualmente está en desuso e que acolleu o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC).
Esta actuación pretende recuperar a imaxe orixinal das edificacións e alterar o mínimo posible a aparencia do conxunto para mellorar a integración na contorna. En canto aos edificios en ruínas, reconstruiranse recuperando a forma e altura orixinais. Estes volumes manterán a súa composición exterior, polo que quedará a pedra vista. Recupéranse os ocos en fachada e ábrense novos ocos na cuberta para garantir a iluminación das estancias superiores.
No exterior, a actuación céntrase en conectar todos os accesos para asegurar a mobilidade entre todas as edificacións. Para iso, realizaranse obras encamiñadas a eliminar barreiras arquitectónicas, modificando o terreo para adaptalo ás cotas dos accesos. Serán maioritariamente zonas verdes con senllas de conexión de laxas de pedra. Desta forma, a imaxe arquitectónica final será unha reprodución dos edificios primitivos. Consérvase a imaxe exterior dos volumes previamente rehabilitados, que están revestidos e pintados de cor branca, e manteranse os ocos actuais polo que a distribución interior adaptarase a eles.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
