Mercedes Rosón recórdalle á voceira do BNG que a parcela de Peleteiro non pertence á SAREB

A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón sinala que a proposta que está plantexando o BNG para a finca Peleteiro é similar á presentada e consensuada polo Goberno de Sánchez Bugallo coa práctica totalidade das entidades sociais; que o Bloque non apoiou. Ademais, acláralle a súa voceira, que a parcela non pertence á SAREB.

A concelleira Mercedes Rosón en rolda de prensa

A concelleira Mercedes Rosón en rolda de prensa / Concello de Santiago

Redacción

Segundo subliña Mercedes Rosón, “Goretti Sanmartín xoga ao despiste. Tenta confundir á cidadanía, falando de dedicar vivendas da SAREB a vivenda de protección oficial, porque como ela ben sabe, que esta parcela é de titularidade privada. Pertenece a unha persoa xurídica que non é a SAREB”.

Engade a concelleira de Urbanismo que “esa proposta á que fai referencia a portavoz do BNG non plantexa diferencias esenciais con relación á que defendeu e traballou ata o final este goberno, e que non está en marcha, entre outras cousas, porque o BNG decidiu non apoiala. Non sabemos por que, xa que tiña todo o que agora propón o Bloque Nacionalista Galego”. 

Mercedes Rosón lembra que “a proposta deste goberno xeraba unha praza pública soleada para o lecer e o goce das compostelás e composteláns, unha praza cunha cota que permitía que en determinados momentos se cubrira para realizar propostas por parte do comercio e de todo o tecido asociativo do Ensanche”. 

“Era unha proposta”, continúa Rosón, “que tamén establecía un espazo para un centro de día. Todo o que agora reivindica a concelleira do Bloque, estaba na proposta deste gobierno municipal. Absolutamente todo o exposto. Tamén, por suposto, a vivenda de protección oficial nun 20%. Incrementar a vivenda de protección que xa se conseguiu, deberá realizarse contando coa titularidade da parcela que repito, non é a SAREB”

Pero, indica a concelleira en referencia á voceira do BNG, “volve insistir e quere conseguir aquelo que este goberno municipal plantexara e consensuara coa cidadanía de Compostela e que a práctica totalidade das entidades sociais involucradas aplaudiran e defenderan. A pregunta é, visto o visto, porque o Bloque Nacionalista Galego e Goretti Sanmartín, non o apoiou”.