Borja Verea apela por recuperar o orgullo de cidade no primeiro vídeo de campaña presentado polos populares

En minuto e medio, Verea lamenta que a cidade leve parada máis de 20 anos, algo que “o motiva para intentar contruír un Santiago mellor, de futuro”, que recupere esa vangarda e a autoestima de Capital de Galicia.

Primeiro vídeo de campaña de Borja Verea

Redacción

Redacción

O Partido Popular de Santiago lanzou hoxe o primeiro vídeo de campaña para as eleccións do 28 de maio.

En minuto e medio, Verea lamenta que a cidade leve parada máis de 20 anos, algo que “o motiva para intentar contruír un Santiago mellor, de futuro”, que recupere esa vangarda e a autoestima de Capital de Galicia.

Facendo alusión aos mellores tempos da cidade, os 90, que esmoreceron durante os mandatos de Bugallo, o candidato á Alcaldía polo PP quere volver poñer a Santiago en marcha, construíndo un novo compostelanismo, e convertendo Compostela nunha cidade máis innovadora, con capacidade de captar novas inversións.

Verea remata o vídeo lembrando que “cada día somos máis, cada día somos máis fortes”, en alusión a tendencia alcista que levan nas enquisas neses últimos 12 meses; e conclúen que gobernarán a Santiago a partir de xuño de 2023 e “construiremos a Compostela do século XXI”.