Verea propón unir O Milladoiro e San Caetano mediante 50 km de carril bici
A proposta de mobilidade do candidato popular tamén interconectará os campus, o CHUS e os polígonos industriais
Borja Verea, candidato do PPdeG á alcaldía, presentou na xornada de onte unha nova proposta referida á mobilidade na cidade. Desta volta, Verea promete a creación dunha rede carrís peonís e ciclistas que “interconecten os principais centros tractores do termo municipal” e que terá unha lonxitude total de 50 quilómetros.
Do paseo pola zona vella e o Ensanche ao Banquete de Conxo : Rajoy, como "na súa casa" en Santiago
Segundo explicou o candidato popular, a planificación desta proposta programática apóiase no proxecto do eixo de mobilidade ciclista e peonil entre O Milladorio, a Estación Intermodal e San Caetano, pola que Verea xa apostou hai agora un ano e que conta até agora con 10 km., un orzamento de 10 millóns de euros e un prazo de execución de entre 15 e 18 meses. Para o popular, a senda entre Milladoiro e Santiago, consensuada e axustada para incluír as alegacións da zona da Colexiata de Sar, do Banquete de Conxo e da área da Rocha, “constituirá a columna vertebral da rede peonil e ciclista arredor da que se exertarán varios itinerarios para conformar una rede continua e interconectada , cunha concepción global que supere as actuacións municipais illadas e inconexas dos últimos anos”, asegurou.
A proposta de mobilidade presentada por Verea tamén contempla a interconexión dos Campus universitarios, o Complexo Hospitalario Universitario (CHUS), os polígonos industriais e a senda entre A Sionlla e Oroso, polo vello trazado ferroviario, entre outras zonas.
Verea propón o soterramento do tráfico entre A Senra, Praza de Galicia e Virxe da Cerca
Para o candidato popular, o compromiso coa mobilidade alternativa precisa dunha clara vontade das administracións, para actuar de forma coordinada e decidida, polo que non se entenden posturas como a “vacilación partidaria” que mostra Sánchez Bugallo, que hai apenas unha semana cuestionou a función de conectividade do eixo Milladoiro-San Caetano e mostrou en público a súa desconfianza dun proxecto ao que lle augura “pouco éxito”. “Cuestionar a conectividade deste itinerario continuo, cando se promoveron carrís illados como o das Fontiñas ou o monumento ao carril bici da Costa de San Marcos, non ten moito sentido”, incidiu Verea. “O que hai que facer é xuntar esforzos e sacarlle o maior partido aos investimentos públicos”.
O candidato popular á alcaldía ten a mobilidade coma un dos eixos fundamentais da súa campaña. O pasado sábado presentaba, xunto ao expresidente Mariano Rajoy e á parlamentaria Paula Prado, o que chamou Paseo de Galicia, un proxecto que pretende soterrar o tráfico entre Porta Faxeira e Virxe da Cerca, facendo peonís máis de 20.000 metros cadrados nos que só se permitiría a circulación do transporte público e escolar, de comerciantes ou de persoas residentes nesa área. Borja Verea defende que o proxecto é “técnica e economicamente viable” e pón exemplos de obras semellantes coma a da Porta do Sol, en Vigo, ou a que se realizou no Parrote, na Coruña. “Estamos aburridos de isto non se pode”, remarcou o candidato.
Verea, coma o resto de candidatos, considera tamén urxente a renovación da flota de autobuses urbanos, renovándoa e incorporando “buses eléctricos e sustentables e dignificando” a situación actual dos usuarios.
Temas
Más en Santiago
-
Guía para exprimir al máximo O Son do Camiño 2024: horarios, cómo llegar y novedades del festival
-
Esta es la catedral más excepcional de España según National Geographic y no, no es la de Santiago
-
O Concello estudará co arcebispado a apertura ao turismo do patrimonio relixioso da cidade
-
Trabajadores de Finsa cortan la carretera de A Coruña delante de la fábrica para exigir "un convenio justo"