Verea defende a viabilidade do Paseo de Galicia, o proxecto para peonalizar o centro de Santiago

Borja Verea di que esta actuación, que proxecta soterrar o tráfico entre Porta Faxeira e Virxe da Cerca será o primeiro paso para "desbugallizar" a capital galega

Mariano Rajoy con Borja Verea, o candidato do PP á Alcaldía de Santiago, e Paula Prado, este domingo na praza do Obradoiro

Mariano Rajoy con Borja Verea, o candidato do PP á Alcaldía de Santiago, e Paula Prado, este domingo na praza do Obradoiro / EP

Ana Triñáns

“O vindeiro 18 de xuño, como alcalde, iniciarei este proxecto, peonalizar 20.000 metros cadrados, Virxe da Cerca, Praza de Galicia, a Senra e Porta Faxeira, e soterrar todo o tráfico excepto, evidentemente, transporte público e escolar, propietarios, provedores, comercio e praza de Abastos”. Así comezaba o seu discurso o candidato do PPdeG á Alcaldía de Santiago, Borja Verea, sobre o que denominou Paseo de Galicia e logo de darlle a benvida á campaña electoral ao expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, que o acompañou na xornada dominical.

O proxecto de Verea é “técnica e economicamente viable”, dixo o candidato, que puxo exemplos de proxectos semellantes que se están a levar a cabo na Porta do Sol, en Vigo, ou que xa se desenvolveron, coma as obras do Parrote na Coruña. “Estamos aburridos de ‘isto non se pode, isto non se quere facer’”, explicou o candidato popular, “e como dicía, é o mellor momento, agora, para ‘desbugallizar’ Santiago e darlle unha oportunidade ao futuro”. Verea tamén se dirixiu á cidadanía pedindo “un último esforzo” para que os populares gañen as eleccións.

Infografía sobre el proyecto del PP para peatonalizar el centro de Santiago

Infografía sobre el proyecto del PP para peatonalizar el centro de Santiago / PP de Santiago