Entrevista | Roberto García Secretario Xeral de UUAA

Se eu fora alcalde: “Faría do mercado de amio un hub de referencia a nivel estatal”

Roberto García, Secretario Xeral de UUAA

Roberto García, Secretario Xeral de UUAA / ECG

Redacción

Se o secretario xeral de Unións Agrarias (UUAA) cambiara o campo pola moqueta de Raxoi, as súas políticas seguirían dando moito peso ao sector primario. Pasarían por “mellorar o sistema de comercialización e as infraestruturas do Mercado de Gando de Amio” para facer desta plataforma “un Hub de referencia para o sector cárnico a nivel estatal”.  García suliña que o incremento de custes de producción que están a sufrir as preto de 8.000 explotacións profesionais de gando de carne en Galicia “precisan de canles de venta áxiles nos que a oferta e a demanda actúen de xeito eficiente” para garantir unha formación de prezos xusta desde a granxa o consumidor. Por tradición, centralidade xeográfica e volume de actividade, cre que o mercado de Santiago “supón un activo destacado para a actividade que debe ser relanzado”. 

Blanca Ana Roig Rechou, profesora Ad Honorem da USC e escritora

Blanca Ana Roig Rechou, profesora Ad Honorem da USC e escritora / ECG

Blanca Ana Roig Rechou, profesora Ad Honorem da USC e escritora

“Procuraría recuperar veciños para pasar dos cen mil habitantes”

A profesora Ad Honorem da USC ten moi claro que faría de ser alcaldesa: “Procuraría recuperar veciños, conseguir pasar os cen mil habitantes e ofrecer aparcadoiros a baixo custo”. Pero é que tamén ten pensado como facelo. Primeiro, “buscando formas de abaratar o solo urbano, o custo do metro cadrado, para recuperar a aqueles que tiveron que marchar, a concellos próximos, por esa razón, e atraer a novos cidadáns”. Mentres esto non se poidera levar a cabo, ofreceríalles “aos que se foron e aos visitantes, bos aparcadoiros municipais, a baixo custe, en superficies municipais e/ou institucionais, que se poidan habilitar de forma rápida, sen ter que facer obras faraónicas ou esperar a novas eleccións”. Por último, diariamente, “vixilancia constante da hixiene e sensibilidade estética da cidade, que ben o merece pola riqueza turística que comporta”. 

Ángel Cid Carballo, Presidente da delegación de Santiago do COAG

Ángel Cid Carballo, Presidente da delegación de Santiago do COAG / Xaime Cortizo

Ángel Cid Carballo, Presidente da delegación de Santiago do COAG

“Racionalizaría os prazos e criterios para obter licenzas”

Se fose alcalde o presidente dos arquitectos composteláns poñería sobre a mesa varias cuestións para mellorar a cidade do Apóstolo tales como a mobilidade, a vivenda, o Casco Histórico ou a revitalización dos barrios. En particular, el formularía dous temas fundamentais: unha racionalización de prazos e criterios con respecto á obtención de licenzas. Non é o arquitecto o primeiro que fai esta reivindicación, tanto de construcción como para a apertura de comercios ou obradoiros. Outro dos aspectos que considera moi importante no caso de que o presidente da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Ángel Cid Carballo, fose alcalde, sería un laboratorio de ideas de xeito que se puidese aproveitar o talento para pensar e discutir os problemas da cidade de maneira global, rigorosa e anticipada.