O tempo en Santiago: unha fronte chega polo Atlántico

Chega unha fronte que deixará chuvias pola noite

Chega unha fronte que deixará chuvias pola noite

Redacción

Hoxe en Compostela iremos perdendo a influencia das altas presións debido a chegada polo Atlántico dunha fronte, que prevese que toque terra esta noite. O día preséntase con brétemas que irán disipándose para dar paso a unha xornada con ceos con nubes e claros con predomino dos claros, pero a partir de media tarde irá aumentando a inestabilidade, debido a chegada das primeiras nubes que deixarán xa chuvias pola noite.

As temperaturas sen cambios significativos, as máximas estarán nos 23 graos cun vento que soprará de compoñente sur frouxo pola mañá, aumentando a moderado pola tarde.