O tempo en Santiago de Compostela: venres 14 de xullo de 2023

A xornada estará marcada pola chegada dunha fronte fría, con posibles chubascos

Ceos cobertos en Santiago na mañá do 14 de xullo

Ceos cobertos en Santiago na mañá do 14 de xullo / CSM

Redacción

O tempo do venres 14 de xullo en Santiago de Compostela virá marcado pola chegada dunha fonte fría á nosa comunidade, que traerá un aumento da nubosidaded pola mañá e probabilidade de choiva, especialmente cara ao mediodía.

Tamén se moderarán as temperaturas: as máximas de hoxe en Compostela serán de 21ºC e as mínimas non baixarán dos 15ºC; unha variación térmica bastante menor que en días anteriores. O vento virá suave do suroeste. 

Previsión para Galicia

A presencia desa fronte fría marcará o tempo non só en Santiago, se non en toda Galicia. As nubes entrarán polo oeste, aumentando ao longo da mañá e acompañadas de choiva, que farán presencia primeiro na provincia de A Coruña e que irán extendéndose polo territorio ao longo da tarde. 

Ventos do suroeste, moderado en terra, con rachas fortes no litoral atlántico.

Temperaturas nas principais cidades galegas

  • A Coruña 15° - 24°
  • Ferrol 16° - 25°
  • Lugo 13°- 25°
  • Ourense 15° - 28°
  • Pontevedra 16° - 26°
  • Vigo 16° - 25°