Entre as 09:00 e as 17:30 horas

Corte no vial na zona da Sionlla ata o próximo venres

Debido as obras de reparación do paso inferior da autovía A-54

Atascos en el periférico debido a la falta de capacidad de los accesos a los polígonos

Atascos en el periférico debido a la falta de capacidad de los accesos a los polígonos / Antonio Hernández

El Correo Gallego

Desde este martes, 22 de agosto, ata o venres 25 de agosto, o vial que une os lugares da Sionlla de Arriba, Reborido e Casais con Castiñeira Grande e Requesende, vai quedar cortada ao tráfico dende entre as 09:00 e as 17:30 horas, debido as obras de reparación do paso inferior da autovía A-54, según informa o Concello de Santiago.

Durante estes catro días o tráfico desviarase polas vías alternativas de Casais e Sionlla cara a Lavacolla.

Con motivo deste corte de tráfico, a liña P4 desviarase do seu percorrido habitual desde este martes ata o venres 25 de agosto, entre as 09:00 e as 17:30 horas.

Dado o horario de corte, soamente afectará ao servizo do mediodía da liña P4, que se desviará despois da parada 600 (cruce despois de Casais) e non realizará a parada 7 na Castiñeira.