Acrobacias circenses para os máis cativos na praza da Quintana

‘Se der corda’ / Culturactiva

Se der corda é o espectáculo da compañía brasileira Circo no Ato, un, un título que responde a un xogo de palabras portugués e que este serán (ás 20 horas) se representará de balde na praza da Quintana de Santiago. O espectáculo, dirixido ao público infantil, conta cunha estrutura de 4,5 metros de altura e un elenco de catro profesionais do circo que realizan acrobacias en grupo “entre cordas e acordes”.
Unha trupe en estado de xogo, brincadeira e creación que envolve a todo o público nunha roda viva. En palabras de Carol Costa, integrante do espectáculo, trátase do xogo cun “libro, sobre mundos que soñamos, cada vez que abrimos o libro entramos nun novo universo”. Un espectáculo fala da grandiosidade do que é sinxelo e inxenuo, da amizade como forza motriz da creación, todo flúe en beleza, como os nenos que se encontran no parque e soñan brincando. O humor, presente en todo o espectáculo, trae o frescor do riso espontáneo dentro dunha roda de amigos, roda na que o elenco do espectáculo se integra co público dando lugar a un “espectáculo interactivo no que xogamos cos nenos”.
En relación co escenario no que representarán este Se der corda, Carol Costa explica a súa emoción por actuar por primeira vez na praza da Quintana, porque anque Circo no Ato xa ten actuado en Compostela nunca o fixo nesta emblemática praza. A compañía, que onte representou outra das súas pezas en Portugal, a onde volverá logo da súa actuación na Quintana, está xira de por España con este espectáculo que se comezou a crear no Brasil en 2022 e que se rematou de completar en xullo deste ano. Este show de 45 minutos de duración busca reflectir o “estado de xogo e extrapola os límites da escena e envolve todo o público nun diálogo directo cos artistas”.
Entre as diversas técnicas circenses que levan a escena está, alén da acrobacia, o contorsionismo, a forza capilar ou o ‘jump rope’. “A irreverencia posta en escena aproxima os espectadores do facer circense e revirte a imaxe idealizada do acróbata como um super-home”, contan dende a compañía.
O espectáculo, dirixido por Natássia Vello, intégrano ademais de Carol Costa, Camila Krishna, Mário Martins e Rafael Garrido, e intégrase na programación do Festival C, que se desenvolve durante o mes de agosto en escenarios como a citada praza da Quintana, a Alameda de Santiago (á altura da estatua de Federico García Lorca) e o parque de Bonaval (no cemiterio). Lugares emblemáticos da capital galega polos que circularon e aínda circulan espectáculos de circo, de poesía e de danza, para todos os públicos e gratuítos.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
