O PP de Santiago denuncia o abandono do rural logo de reunirse con veciños do Eixo
A concelleira, Nerea Barcia, denunciou que “non chega con poñer a túa firma no Pacto polo rural e despois esquecerse del durante 4 anos"
Como mostra de desleixo sinala o estado do campo da festa municipal que hai en Santa Lucía

O PP de Santiago denuncia o mal estado no que se atopan os cadros eléctricos das casetas nas que a veciñanza do Eixo garda os materiais / PP
Redacción
A concelleira do PP de Santiago, Nerea Barcia, mantivo estes días unha reunión cos veciños do Eixo para coñecer de primeira man os problemas cos que teñen que lidiar a diario na parroquia. Nun comunicado, os populares indican que "tras oito anos de desleixo por parte dos gobernos de esquerdas, a veciñanza desta parroquia compostelá segue reclamando que o Concello arranxe a ponte do río pertencente ao treito do Camiño de Santiago que pasa por esta zona, derrubado hai anos por mor dun temporal" e que "segue nun estado lamentable desde entón".
Barcia transmitiu aos veciños da contorna que é inadmisible o estado de abandono ao que teñen sumido a este lugar, e denunciou que “non chega con poñer a túa firma no Pacto polo rural e despois esquecerse del durante 4 anos, iso é papel mollado, e as prioridades demóstranse con feitos, non con promesas que nunca de chegan a cumprir”. Para a concelleira, o rural de Santiago "precisa dun cambio de 180 graos" e "que alguén se preocupe por estes veciños, que pagan impostos igual que os que viven no centro", e comprometeuse a fiscalizar de preto o traballo do goberno ademais poñerse a disposición dos cidadáns do rural para todo o que necesiten.
E é que, para Barcia, queda moito por facer e a mostra é o estado do campo da festa municipal que hai en Santa Lucía, “algo tan sinxelo como manter un campo da festa parece unha odisea no rural”, denunciou. Segundo comentou, os veciños levan meses pedindo que o Goberno poña fin ao abandono que sofre o campo da festa de propiedade municipal.
Para a concelleira é necesario ademais que se repoña a luz e a auga, suspendidas polo Concello; e que se arranxen as instalacións eléctricas das casetas onde gardan materiais os veciños, posto que os cadros existentes se atopan en moi mal estado, incluso chegando a caer, co perigo, di, que iso supón para a xente que pasa polas inmediacións.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión