O equipo de vixilancia da Asociación Área Empresarial do Tambre intervén nun caso de roubo de combustible na Sionlla
Tras a ampliación do servizo á zona da Sionlla, estanse a facer melloras con probas de drons e estudos para a instalación de vídeo vixilancia
O equipo de vixilancia da Asociación Área Empresarial do Tambre detectou un roubo na madrugada do pasado martes, 5 de setembro, na rúa Comunidade Valenciana da Sionlla. Os vixilantes detectaron un vehículo estacionado entre camións con tres garrafas na beirarrúa. Inspeccionaron a zona e viron a un varón agochado que estaba acompañado dunha muller. Seguidamente avisaron ao 091 para as dilixencias oportunas.
O equipo de vixilancia da Asociación Área Empresarial do Tambre, composto por oito vixilantes de seguridade, realiza un traballo de rondas presenciais polas vías públicas da área industrial durante todo o ano en horario de noite durante a semana laboral –de luns a venres– e en horario de 24 horas na fin de semana e días festivos. Ademais de casos de roubo, como o sucedido esta semana, o servizo de vixilancia fai outras intervencións como atender saltos de alarmas nas instalacións das empresas. A presenza física do servizo de vixilancia na área empresarial garante unha resposta inmediata diante do aviso por parte da central ou da localización da alarma polos propios vixilantes.
Una inyección de un millón de euros dará otro impulso al polo de A Sionlla
Noutros casos, o servizo intervén por anticipación. Os vixilantes detectan elementos do perímetro ou acceso das instalacións danados ou abertos, como son os portais, ventás, persianas, etc., antes de que se produza unha activación do sistema de alarma, actuando segundo o protocolo particular para solucionar cada incidencia.
Hai uns meses a Subdelegación do Goberno aprobou a ampliación do servizo de vixilancia da zona da Sionlla. "Co ánimo de mellorar e contar con novas tecnoloxías que poidan aportar maior seguridade, estanse a facer probas con drons e realizando os estudos para a instalación de vídeo vixilancia. Así, o equipo da servizo aos polígonos do Tambre, Costa Vella, Boisaca e A Sionlla", sinala un comunicado da Asociación Área Empresarial do Tambre.
Temas
Más en Santiago
-
Desvelado el misterio: quién se esconde tras la misteriosa campaña que empapeló Santiago con mensajes de "Vigo capital de Galicia"
-
Raxoi limita los negocios turísticos en el casco histórico para proteger el comercio de proximidad
-
Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, lunes 17 de junio, en Santiago?
-
“En el mapa del mundo hay sitios especiales. Uno de ellos, la casa de Rosalía”