Cortes de tráfico
Modificacións de tráfico e liñas de autobús por mor dunhas obras de canalización dende este xoves en Santiago
Durante catro días a entrada á rúa de Poza de Bar dende a rúa Galeras (rúa do Cruceiro do Gaio) vai quedar restrinxida ao tráfico

Un autobús urbano na costa de Vite / ECG
El Correo Gallego
Os conductores composteláns e os usuarios das liñas de transporte urbano de Santiago, terán que ter en conta a partires deste xoves 12 e ata o domingo 15 de outubro, un novo corte de tráfico na cidade.
A entrada á rúa de Poza de Bar dende a rúa Galeras (rúa do Cruceiro do Gaio) vai quedar restrinxida ao tráfico por mor dunhas obras de canalización para a rede eléctrica. O tramo que vai quedar pechado é o comprendido entre o cruce do Campo das Hortas-rúa Pombal e a entrada á travesa do Carme de Abaixo.
Durante estes catro días as persoas residentes nas rúas de Poza de Bar e San Lourenzo, así como os usuarios do colexio Pío XXII, só poderán acceder a través da avenida de Compostela e campo do Cruceiro do Galo ou ben dende a rúa das Oblatas e Carme de Abaixo.
Transporte urbano
Debido a este peche, as liñas P1 Figueiras e a liña 8 Camiño dos Vilares - Vidán mudarán o seu percorrido.
A liña P1 Figueiras accederá á rúa das Galeras a través das Casas Novas. No que respecta á liña 8, no seu traxecto sentido Vidán, desde a rúa da Senra desviarase por Xoán Carlos I, avda. da Coruña, avda. das Ciencias, Novoa Santos e continuará o seu itinerario habitual por San Lourenzo.
Quedarán suprimidas as seguintes paradas (todas en sentido a Vidán): 554, San Clemente (IES Rosalía de Castro); 223, Cruceiro de Gaio; e 402, Poza de Bar (Pío XII).
O Concello de Santiago, como xa e habitual neste tipo de intervencións, prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.
- III Feria de Antigüedades y coleccionismo, este sábado y domingo en el Outlet Área Central
- El restaurante de Santiago que ha enamorado a un conocido influencer gastronómico: 'Volveré, directo a mis favoritos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Santiago abre las rebajas sin grandes colas y con tiendas cerradas por la huelga: «Ya no son lo que eran»
