Música

Leilía dille adeus ao escenario con disco e xira de despedida

Imaxe de arquivo dunha das actuacións do grupo Leilía

Imaxe de arquivo dunha das actuacións do grupo Leilía / Kiko

Redacción

Leilía dille adeus aos escenarios cun novo disco e unha xira de despedida, conscientes de que o grupo “morre como entidade que sobe aos escenarios” pero pervive “ao formar parte da identidade cultural dun país”. Felisa, Montse, Mercedes, Patricia, Ana e Rosario, moi emocionadas, repasaron os seus case 40 anos de carreira nun almorzo informativo celebrado en Santiago.

“Cando empezamos, nin nós dábamos un peso por nós mesmas, eran tempos difíciles para a música tradicional, estamos orgullosísimas de a onde chegamos”, comentaba Rosario. Insisten as artistas en que a súa música “seguirá soando cada vez que escollades unha lista de reprodución, poñades un disco, vexades un vídeo ou saiades a correr cuns cascos nos que soe Leilía”.

O grupo arranca a xira de despedida, 'Anque me vou non me vou', o domingo 26 de novembro no Teatro Joffre de Ferrol, con entradas gratuítas ata completar aforo, e chegará o 13 de xaneiro ao Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.