O PP denuncia as deficiencias do novo contrato do lixo na área rural
A concelleira, Nerea Barcia, denuncia que é claro que para o Goberno local o Pacto polo Rural só é un “papel mollado”
Para a 'popular' "resulta incrible en pleno século XXI" que os veciños non conten con auga da traída nin servizo de saneamento.

Unhas 30 persoas reuníronse en Lavacolla cos edís do Partido Popular / PP
Redacción
Os edís do PP Nerea Barcia, José Ramón de la Fuente e Adrián Villa visitaron onte a parroquia de Lavacolla, onde segundo informaban “puideron comprobar as necesidades e deficiencias que a veciñanza leva anos reclamando, sen que os distintos gobernos de esquerdas as teñan en conta”.
A concelleira Nerea Barcia denuncia, por isto, que para “o Goberno nacionalista o Pacto polo Rural só é un papel mollado ao que acode en épocas electorais”.
A popular puxo o foco en que “dende que se puxo en marcha o novo contrato do lixo, este servizo ten grandes carencias, como os tempos de recollida, tarefa que pasou de facerse tres veces á semana a só unha, o que supón un problema de acumulación de lixo, causando malos cheiros”.
Ademais, o PP aféalle ao Goberno local a retirada de distintos colectores, “sobre todo, na zona das Quenllas e non os repuxo, sobre todo, nas vías de servizo das vivendas, polo que agora son os veciños os que teñen que levar o lixo nos seus propios vehículos”.
Durante a xuntanza, na que se congregaron máis de 30 veciños, Nerea Barcia puido comprobar como unha demanda histórica, como é a mala sinalización, sobre todo, nas zonas de San Paio e As Quenllas, segue sen arranxar. Esta situación provoca moitosequívocos entre as persoas que se desprazan ata esta zona e as numerosas dificultades para recibir o correo ou paquetería, ante a falla de sinais.
Así mesmo, para a popular resulta "incrible que, en pleno século XXI e nas inmediacións dun aeroporto Internacional, os veciños non conten con auga da traída municipal, nin con servizo de saneamento". Barcia quixo sinalar que a auga vénn dun pozo privado, que paga a veciñanza. Dita instalación funciona con electricidade, polo que se ve afectado polos constantes cortes de luz.
A edil do PP lembroulle ao Goberno do BNG que esta é unha demanda que ten fácil solución, xa que a pouco máis de 100 metros, á altura da central de Correos existen tomas de luz que suporían unha solución, o que reflexa a deixadez coa que, o Goberno do BNG, se toma as demandas dos veciños do rural.
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Siete operarios y una semana de trabajo para montar la noria de la Ascensión en Santiago: 'Es una de las más grandes de Europa
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- O Son do Camiño ya tiene horarios: así queda el festival
