Raxoi estuda unha nova rotonda na N-550 para aliviar o caos de tráfico de Costa Vella
O PSOE solicítalle ao Pleno a ampliación do aparcadoiro de Altiboia e a apertura dun viario que conecte a Almáciga a Basquiños e Santa Clara
Á espera das obras do Orbital e o Orbitaliño, que contribuirán a aliviar a conxestión de tráfico no Polígono de Costa Vella, o Partido Popular levou ao pleno unha moción para que o Goberno local resolva a situación que xera, en palabras da edil Olaya Otero “situacións de inseguridade” e “accidentes de tráfico”.
Tráfico mejorará la señalética para aliviar las congestiones en Costa Vella a falta del Orbital
Otero, que bromeou con que os problemas de tráfico nesta área da SC-20 poderían converterse “nunha tradición de Nadal”, afeoulle ao equipo de goberno e ao edil de Mobilidade, Xan Duro, que as solucións implementadas até o de agora se cinguinse a modificacións na sinalización.
Unha cuestión que o concelleiro de CA negou, indicando que o viario de acceso é “insuficiente” e que todas as entradas se dirixen á rúa Polonia e lembrou que no “mandato de CA redeseñouse ese acceso, eliminando a primeira rotonda desa rúa e facendo prioritario o acceso da SC-20”. Duro engadiu que mentres non se desconxestiona a zona grazas ao vial do Orbitaliño, o Goberno local non descarta “facer unha rotonda na N-550, para conectar con Amio” sen ter que facer uso da rotonda elevada do Polígono do Tambre.
Nesta liña, o edil socialista Gonzalo Muíños, propuxo que o equipo de goberno poña en marcha “unha campaña divulgativa para que se empreguen a avenida de Asturias ou a rúa País Vasco para acceder ao polígono” e que se implique á Policía local e á Garda Civil de Tráfico para desconxestionar o tráfico en momentos puntuais.
Dende o PSOE solicitouselle ao Pleno a ampliación do aparcadoiro de Altiboia, unha actuación que se acometeu no pasado mandato e que “supuxo o acondicionamento de 100 prazas de parking en superficie para dar servizo a residentes da Zona 3 de San Pedro”. Esta ampliación, di Muíños, “permitiría duplicar o número de prazas superando as 200” para dar servizo a veciños e usuarios do Conservatorio Profesional de Música e deixando un aparcadoiro cunha superficie total de 7.393 metros cadrados.
O Pleno municipal tamén aprobou a apertura dun viario que conecte o barrio da Almáciga con Basquiños e Santa Clara, a proposta do grupo socialista.
Temas
Más en Santiago
-
La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
-
¿Ocultar patrimonio para evitar la masificación? El dilema de ciudades turísticas como Santiago
-
La odisea de alquilar un piso para dormir durante O Son do Camiño: "Es imposible encontrar algo por menos de 1.200 euros"
-
Desdobramento da liña 6A en beneficio do "usuario non turístico"