O concurso Santiago(é)tapas xa está presente na hostalaría da cidade cos seus manteis
No Nadal realízase unha campaña comunicativa co obxectivo de incentivar a incrición dos locais

O concurso Santiago(é)tapas xa está presente na hostalaría da cidade cos seus manteis / l.r.

A XV edición do Santiago(é)Tapas está xa moi presente na hostalería compostelá coa repartición dos manteis alusivos ao concurso que se celebrará do 15 de febreiro ao 3 de marzo na capital galega co lema As Tapas son a estrela, organizado por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela.
Tal e como se anunciou no seu día, neste período de Nadal está a levarse a cabo unha importante campaña de comunicación co dobre obxectivo, tanto de incentivar a inscrición por parte dos establecementos da cidade como de informar ao público interesado do cambio de datas do concurso que con anterioridade se celebraba en novembro, rematando o peche das inscricións o 10 de xaneiro.
Tanto as bases do concurso como a información complementaria poden atoparse na web www.santiagoetapas.gal, a través da cal tamén poden inscribirse os locais interesados.
Do mesmo xeito que en anteriores edicións estableceranse varios roteiros e con premios ás mellores tapas, habendo como novidade un premio especial á máis doce para incentivar a participación de cafeterías e bares que traballan almorzos e merendas.
A maiores, haberá premios ás mellores tapas tradicional, creativa, maridada con viño Ponte da Boga e con Cervexa Estrella Galicia; e á mellor tapa sen glute, outorgada un ano máis pola Asociación de Celíacos de Galicia. As tapas debererán estar elaboradas con produtos galegos de calidade contrastada, produtos de agricultura ecolóxica ou produtos do mar de Galicia certificados, nunha aposta pola gastronomía galega e os produtos de proximidade.
Haberá obsequios directos para todas aquelas persoas que fagan as etapas completas, para o que terán que ir selando o Tapasporte, e sortearanse numerosos agasallos como como ceas experiencias, productos gourmet e entradas a museos e espectáculos.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago