Verea carga contra "os orzamentos dos tarifazos" e acusa ó PSOE de "irresponsabilidade absoluta”

O líder dos populares de Santiago descoñece se hai máis información que o documento que recibiron a semana pasada

Critica a subida do 13% das tarifas das familias usuarias de Santa Isabel e Sar que entra hoxe en vigor

Verea carga contra "os orzamentos dos tarifazos" e acusa ó PSOE de "irreponsabilidade absoluta”

Verea carga contra "os orzamentos dos tarifazos" e acusa ó PSOE de "irreponsabilidade absoluta” / LORENA REY

O líder dos populares de Santiago, Borja Verea, amosou hoxe a súa preocupación polos orzamentos do 2024 presentados a semana pasada. “Queremos coñecelos completos para defender os intereses dos cidadáns”, manifestou na primeira rolda de prensa do ano celebrada esta mañá en Raxoi. “Non ten sentido unha rolda de prensa para anuncialos se non hai orzamento pechado”, comentou tras ensinar o único documento que recibiron por email cun programa de gastos acumulados.

“Que teñen que ocultar?”, insistiu Verea en referencia ao BNG, Compostela Aberta e PSOE. Verea argumenta que falta documentación orzamentaria e pregúntase si o PSOE, que asinou o acordo de orzamentos a semana pasada, ten a mesma informacion, porque nese casi sería unha “irreponsabilidade absoluta”. A isto engade que se que queren é unha foto “non xoguen coa responsabilidade da sociedade” ao consideralo o documento máis importante para os cidadáns. 

Do que coñecen ata agora pode dicir que “nada de orzamentos sociais”. A primeira medida que entra hoxe mesmo en vigor é a subida di 13% tarifas das familias usuarias de Santa Isabel e Sar, unhas instalacións “dun estado lamentable”. Di que as taxas subirán terán todas aumento di 10% e impostos por encima do 5%.

Asi Verea define como “o orzamentos dos tarifazos” do BNG, CA e socialistas. Se o PP non obtén máis datos, Verea di que pode ocurrir que só teñan a información completa da comisión informativa e teñan que revisar os orzamentos. “Farémolo pero esa non é forma de traballar cando un quere gobernar dun xeito transparente”, conclúe.