O PP insiste en que Raxoi amplíe o número de mesas electorais en San José de Cluny
Esixen coñecer o grao de implicación da xefa do Padrón “nesta situación de bloqueo”

A vicevoceira do Partido Popular compostelán, María Baleato / ECG

A vicevoceira do PP de Santiago, María Baleato, insitiu este mércores en coñecer as motivacións do Goberno local para non ampliar o número de mesas electorais do colexio San José de Cluny para evitar que unha parte da veciñanza do Ensanche teña que desprazarse até a Facultade de Ciencias Políticas, tal é como reclamou a súa formación ata en tres ocasións porque “existe unha distancia considerable entre a ubicación do local electoral e o territorio que comprende esta sección”, afirmou.
A edil popular lembrou que a Oficina do Censo expresou “que non tiña obxección a este cambio” pero a decisión da Xunta Electoral “vén dada por un informe de parte da Oficina do Padrón”. Unha entidade que está no punto de mira dos ‘populares’ xa que a persoa responsable “concorreu nas listas electorais municipais polo BNG, tanto no ano 2019 coma no ano 2023”, polo que o PP esixe coñecer “o grao de participación que esta persoa tivo na toma de decisións e no actual bloqueo a unha solución que ten que ser urxente”.
Neste sentido as dúbidas do Partido Popular baséanse na circunstancia de que entre a veciñanza desprazada até Ciencias Políticas a formación conservadora obtén un maior número de votos que os demais grupos políticos, “tanto se as eleccións son municipais, autonómicas ou estatais”, comentaba Baleato.
Ademais, a edil insiste, non só en que a Oficina do Censo non poña obxección, senón tamén en que ao tratarse dun centro de ensino o colexio de Cluny “resulta estrano que non se poida habilitar unha mesa máis”.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
