Santiago lembra as vítimas do Holocausto

O acto, organizado pola Comunidade Xudea de Galicia e a Asociación Galega de Amizade con Israel, tivo lugar na sala 4 do Museo da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

De esquerda a dereita: O presidente da Comunidade Xudea de Galicia, Fredy Salomón;a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes; e o profesor José Edelstein

De esquerda a dereita: O presidente da Comunidade Xudea de Galicia, Fredy Salomón;a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes; e o profesor José Edelstein / Cedida

Santiago rendiu o pasado sábado, con motivo do Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, unha homenaxe a todas aquelas persoas que, durante a Segunda Guerra Mundial, sufriron os brutais crimes contra a humanidade perpetrados pola Alemania nazi.

O evento, organizado pola Comunidade Xudea de Galicia e a Asociación Galega de Amizade con Israel, tivo lugar ás 19.00 horas na sala 4 do Museo da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Nel, levouse a cabo unha conferencia titulada Antisemitismo. Unha patoloxía persistente, que correu a cargo do profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC)José Edelstein.

Ademais, durante o acto, prendeuse unha candea en lembranza polas vítimas dos atentados perpetrados por Hamás o pasado 7 de outubro, ataque que reavivou o conflito en Oriente Medio ata un punto non visto dende hai décadas tras o cal faleceron 1.159 persoas, das cales 828 tratábanse de civis e 31 de menores de idade, e máis de 200 foron secuestradas, das que un centenar continúan privadas da súa liberdade.