En marcha a instalación de pantallas acústicas na SC-20
Redacción
O ramal de baixada dende a rotonda da avenida de Lugo cara a SC-20, sentido San Lázaro-Polígonos, permanecerá cortado ao tráfico durante dous meses e medio, debido ás obras de instalación de pantallas acústicas que está a executar a empresa Dragados para ADIF. Dende a xornada de onte, este corte vai implicar cambios na ordenación do tráfico. Tal e como indicaron dende Raxoi, os vehículos que circulen baixando pola avenida de Lugo e queiran acceder á SC-20, deberán facelo pola rotonda desta avenida coa rúa de Londres, e circular por esta vía ata chegar á rúa de Roma, e alí enlazar coa rotonda existente nesta vía e incorporarse á SC-20.
Da mesma maneira os vehículos que circulen sentido subida pola avenida de Lugo, deberán empregar a mesma rotonda e baixar pola rúa de Londres e realizar o mesmo circuíto para incorporarse á SC-20.
Tras anunciar as obras o pasado fin de semana, o Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.
Corte de tráfico na rúa da Obrigada
Por outra banda, na xornada de hoxe, a rúa da Obrigada, na parroquia de Aríns, vai quedar cortada ao tráfico entre as 09.00 e as 18.00 horas, con motivo da realización dun cruzamento na calzada para a instalación de tubaxe unindo as dúas marxes. O tramo afectado está entre as rúas de Senande e San Martiño, sendo por esta última vía por onde se realizarán os desvíos alternativos á circulación. Con motivo deste corte, a liña 7 modificará o seu itinerario habitual e quedarán suprimidas neste horario as paradas 624, Torrebranca; e 625, rúa da Obrigada.
- La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
- Estrella Galicia lanza la canción del verano: así suena el tema compuesto por un popular artista compostelano
- La heredera de Rosario Porto logra vender el chalé de Teo donde fue asesinada Asunta
- La Urbana llega a Santiago: el nuevo local de hamburguesas abrirá esta semana en Cancelas
- El jefe de la Policía Nacional de Santiago cesa de su cargo y se va a la Comisaría de La Rioja
- La residencia de estudiantes del viejo hospital de Galeras costará unos 900 euros al mes
- La heredera de Rosario Porto cerró la venta del chalé de Teo en 150.000 euros
- Solo 15 edificios de más de 50 años han pasado la ‘ITV’ obligatoria en Santiago con el plazo a punto de vencer