A Corporación local compostelá renova o seu compromiso a prol da igualdade
Comprométense á “erradicación de todas as formas de discriminación cara ás mulleres”
Dedidacarase "un mínimo do 1%" dos orzamentos ao desenvolvemento destas políticas
This browser does not support the video element.
Un 8 de marzo máis a Corporación local de Santiago subscribiu un novo compromiso a prol das políticas de igualdade no Concello, e fíxoo a través da declaración institucional do 8M. Con lectura compartida dos representantes das catro forzas políticas do Consistorio -BNG (Míriam Louzao), CA (Xan Duro), PSOE (Mercedes Rosón) e PP (Borja Rubio)-, ademais das palabras da alcaldesa Goretti Sanmartín, a Corporación comprometeuse coa “erradicación de todas as formas de discriminación cara ás mulleres”.
Suplemento especial del 8 de marzo, Día Internacional de la Mujer, en EL CORREO GALLEGO
Un compromiso que se substenta sobre seis puntos chave, os dous primeiros vencellados ao movemento feminista apoiando as mobilizacións convocadas neste 8M e a posta a disposición dos colectivos das infraestruturas municipais.
Así mesmo, os edís que representan a veciñanza compostelá asumiron a tarefa de “fortalecer os servizos municipais de igualdade e traballar na prevención de calquera forma de violencia”, así como dedicar “un mínimo do 1% dos orzamentos do Concello” á realización de políticas de igualdade e prevención das agresións de xénero. O CIM (Centro de Información ás Mulleres) así coma o Plan de Igualdade tamén foron protagonistas desta declaración institucional.
Por un lado, dotarase o CIM do “persoal suficiente para garantir ás mulleres en xeral, e especialmente, ás vítimas da violencia de xénero”. E a Corporación ao completo, e o Goberno municipal en particular, comprometéronse tamén para este ano 2024 a elaboración do Plan de Igualdade.
Á edil de Capital Cultural, Míriam Louzao, correspondeulle a lectura das iniciativas levadas até o de agora polo novo Goberno municipal. A declaración institucional destaca a entrada en vigor do Protocolo para a abordaxe das violencias sexuais e LGBTfóbicas no ocio nocturno (en novembro) e a reactivación da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, en xaneiro.
Temas
Más en Santiago
-
La tienda temática de Harry Potter más grande de España abre sus puertas en Santiago
-
¿Ocultar patrimonio para evitar la masificación? El dilema de ciudades turísticas como Santiago
-
La odisea de alquilar un piso para dormir durante O Son do Camiño: "Es imposible encontrar algo por menos de 1.200 euros"
-
Desdobramento da liña 6A en beneficio do "usuario non turístico"