O PSdeG esixe que se decida xa onde se ubicará o parque comarcal de Bombeiros
Duro di que non tardarán en determinar se vai estar en Salgueiriños ou van facer unha nova sede
Os socialistas composteláns urxen a Raxoi unha decisión sobre o emprazamento do novo parque comcarcal de Bombeiros. O seu portavoz, Gonzalo Muiños recriminou hoxe que mentres avanzan as negociacións, o Goberno local parece decidido a desvincular a comarcalización do servizo coa construción dun novo edificio. Algo que cuestionan desde as filas socialistas polo efecto, a medio prazo, que pode ter esta medida.
Santiago aplaza la decisión sobre el nuevo edificio de Bomberos que rondará los tres millones
O seu portavoz insiste en que, de ser así, unha vez resolta a comarcalización, “pode que chegado o momento non haxa vontade das outras administracións implicadas de resolver a cuestión das instalacións”. Muíños pregunta tamén que se Raxoi decide non concluír o esqueleto que quedou paralizado en Salgueiriños, que pensan facer con ese edificio.
Resposta de Xan Duro
O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, aseverou esta mañá, preguntado en rolda de prensa, que polo momento non se tomou a decisión sobre se o futuro parque comarcal se vai ubicar onde estaba previsto nun principio ou se vai optar por outro emprazamento. Pero en todo caso será unha decisión “técnica”, recalcou. Duro asegurou tamén que non tardarán en determinar cal vai a ser o seu emprazamento.
La futura Cidade de San Caetano ‘acelera’ el paso con el inicio de las obras de cimentación
En tres anos a Xunta de Galicia ten pensado ocupar os terreos do actual parque dos Bombeiros coa ampliación da cidade administrativa de San Caetano. Nese momento debería estar xa construida a nova sede para o parque comarcal.
Temas
Más en Santiago
-
La colección ‘Mentes curiosas - curiosas mentes’, nueva apuesta del CSIC para divulgar mejor la ciencia
-
O edil Adrián Villa asegura que os usuarios da liña 6A "van quedar sen servizo"
-
Estos son los vuelos cancelados por la huelga en el aeropuerto de Santiago
-
La residencia de estudiantes del viejo hospital de Galeras costará unos 900 euros al mes