Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 19 de marzo, en Santiago?

O catedrático de Medicina Legal da USC Ángel Carracedo

O catedrático de Medicina Legal da USC Ángel Carracedo / Pablo H. Gamarra

Diálogo con Juan Carlos Unzué e Ángel Carrecedo

DIVULGACIÓN Hoxe a partir das 19.30 horas desenvólvese no Auditorio da Fundación ABANCA na rúa do Preguntoiro, 39, un diálogo entre o exfutbolista, adestrador e enfermo de ELA Juan Carlos Unzué e o catedrático de Medicina Legal da USC Ángel Carracedo. A actividade é promovida polo Grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Universidade de Santiago

de Compostela, dentro do ciclo de conversas denominado Educación, ciencia e conciencia no diálogo Universidade-Sociedade; este ciclo desenvolverase ao longo de 2024 conmemorando o 25 aniversario do grupo. Para o evento, ata completar a capacidade do espazo, haberá unha Fila 0 para que os fondos recadados vaian destinados integramente á Aso- ciación de Enfermos/as de ELA-Galicia.

Encontro poético no Modus Vivendi

POESÍA O pub Modus Vivendi (Praza de Feixóo, 1) celebra hoxe ás 21.00 horas un encontro poético a cargo de Diego Horschovski. As convidadas ao evento son a dramaturga e poeta Lorena Conde, o poeta Estevo Creus e a dj e poeta Riquinha. A continuación, haberá micro aberto poético e musical para quen desexe participar. Este acto enmárcase dentro do X aniversario dos recitais que Horschovski leva organizando desde 2014. A entrada é de balde ata completar aforo.

O Ateneo entrega os premios Cineduca

CINEMA O Ateneo clausura hoxe na Rúa do Vilar, 19 a terceira edición da Mostra Internacional de Cine e Educación coa entrega dos Premios Ateneo Cineduca. A partir das 19.00 horas proxectaranse as tres curtametraxes gañadoras dos traballos presentados polos diferentes centros educativos galegos. Tras a visualización das obras, pasarase á entrega dos dous accésits, dotados con cincocentos euros cada un, e do primeiro premio, de mil euros. A entrada ao acto é libre ata completar o aforo.

O Ateneo entrega os premios Cineduca

O Ateneo entrega os premios Cineduca / Cedida

A USC dedida unha das súas faíscas culturais á figura de Manuela Rey

HOMENAXE O salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación acolle hoxe ás 18.00 horas a faísca cultural Manuela Rey is in da USC, onde se abordará desde diferentes disciplinas os múltiples perfis da vida e obra de Manuela Rey, unha importante e descoñecida actriz nacida en 1842 en Mondoñedo. O programa Faíscas Culturais ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado.