O PP de Santiago insiste na necesidade dunha plataforma dixital que conecte consumidor e negocio local
Esta iniciativa 'marketplace' foi aprobada no Pleno de 20 de marzo coas abstencións de PSOE, BNG e CA
O PP composteláninsistía este sábado na necesidade de “establecer novas ferramentas que axuden” no avance tecnolóxico do comercio local, tal e como a edil Olaya Otero solicitou no Pleno municipal celebrado en Raxoi o mércores a través dunha moción sobre a que se abstiveron as demais formacións da Corporación (PSOE, BNG e CA).
Aprobación definitiva dos orzamentos máis altos da historia de Santiago
A concelleira e a súa formación insisten en que “a Administración local lidere a transformación do desafío dixital”, e para isto propoñen “a creación dunha plataforma que conecte os consumidores de Santiago cos negocios asentados no Concello”.
Segundo o PP, con esta aplicación estaríase a crear “unha oportunidade que facilitase a convivencia entre as compras físicas e en liña, máis alá do proxecto Commarket da Praza de Abastos”.
Un proxecto este último, para a compra a distancia de produto fresco, que defendía a concelleira de Promoción económica, María Rozas, “porque ten un estudo de viabilidade”, mentres lle apuña a Otero que determinadas propostas “poden parecer interesantes pero se rascamos nelas son o anuncio dun fracaso”.
Neste sentido Rozas fixo referencia a proxectos de Marketplace implantados durante a pandemia que, na maior parte dos casos, non conseguiron seguir operativos dous anos despois.
Temas
Más en Santiago
-
Día de los Museos en Santiago: música, talleres y visitas guiadas gratuitas
-
Miqui Otero: “En esta novela que presento en Santiago, la narradora es la música”
-
Os alumnos do IES Xelmírez deixarán a “súa marca” grazas aos seus dous podcast premiados
-
El plató de la USC que permite gravar vídeos con realidad virtual integrada a tiempo real