O PP de Santiago reclámalle ao Goberno local maior compromiso social
Tachan de "insignificante" o incremento orzamentario que destina 14.500 euros a subvencións nominativas
O PP de Santiago, a través da edil Yolanda Otero, unha vez analizados os orzamentos municipais para 2024 reclámanlle ao Goberno bipartido “un maior compromiso coas entidades sociais de Compostela”. Para os ‘populares’, o incremento orzamentario para éstas “é insignificante”, atribuíndo 14.500 euros a subvencións nominativas, o que cobra “só seis de 24 entidades sociais”.
Aprobación definitiva dos orzamentos máis altos da historia de Santiago
Uns datos que para o PP reflicten "a falta de compromiso" do Goberno local "coas institucións sociais que prestan servizos asistenciais", polo que para a formación, "o prometido incremento" orzamentario para elas, que ademais ven "ridículo", "queda en promesa electoral", denuncia Otero.
O PP reivindica que “estas asociacións desenvolven unha acción social de proximidade”, e insiten en que "no contexto económico actual, de recorrente aumento do custos, é imprescindible incrementar o apoio económico para que poidan seguir prestando apoio á veciñanza”.
Yolanda Otero defende, nun comunicado enviado o domingo á prensa, que "estas entidades completan o sistema de responsabilidade pública municipal", polo que demandan esa "maior e real implicación" por parte de Raxoi.
Temas
Más en Santiago
-
Compostela está en el ‘top 20’ de ciudades españolas con las tarifas de taxi más caras
-
“O transporte público actual xa non responde á natureza de Santiago”
-
O Comité de Aena mostra “apoio total” aos traballadores do aeroporto Rosalía de Castro
-
Os socialistas de Santiago esixen o “arranxo integral” da praza de San Roque