A Selic artella un Club de Lectura Criminal entre Santiago e Braga a partir deste mes

As xuntanzas na capital galega terán lugar os martes de 19.30 h a 21.00 horas

A Selic artella un Club de Lectura Criminal entre Santiago e Braga a partir deste mes

A Selic artella un Club de Lectura Criminal entre Santiago e Braga a partir deste mes / CEDIDA

A Selic afianza este ano a sección Criminal, inaugurada o pasado 2023, poñendo en marcha o que será o primeiro Club de Lectura Criminal. Trátase dun proxecto que nace con vontade de continuar en vindeiras edicións do Festival da Lectura, pioneiro na unión de lectores e lectoras de Galicia e Portugal con este formato de exploración literaria conxunta.

O club é froito da colaboración entre a Biblioteca Pública Ánxel Casal (Santiago) e a Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva (Braga), ofrecendo un espazo singular para mergullarse na diversidade da novela negra. Debullará unha selección coidadosa de obras dos dous lados da Raia: Oito días sen Eva Cortés, de Sara Vila; Crime en Compostela, de Carlos Reigosa; Águas Passadas, de João Tordo, e Mulheres empilhadas, de Patricia Melo. Ademais, os participantes galegos engadirán á lista Plata Quemada, de Ricardo Piglia.

As xuntanzas en Santiago terán lugar os martes de 19.30 h a 21.00 horas.