Aprobada a expropiación de 65 parcelas para ampliar a estrada de Montemaior, na Laracha
O pago e o levantamento das actas de ocupación terán lugar entre os días doce e catorce de xuño
A xunta de goberno local da Laracha aprobou este mércores con carácter definitivo a expropiación dos terreos afectados polo proxecto de ampliación da estrada da parroquia de Montemaior, que comunica a vía provincial DP-2404 con Santa Margarita pasando polos núcleos de A Baiuca, Goexe, O Sopé e Propeste.
O Concello investirá 62.600 euros na adquisición de sesenta e cinco parcelas catastrais cualificadas no Plan Xeral de Ordenación Municipal como solo rústico e solo de núcleo rural tradicional e que están afectadas por esta actuación de mellora da rede viaria.
Continuando cos trámites administrativos necesarios, o acordo aprobado este mércores será notificado aos titulares dos bens, informándolles ademais de que os días 12, 13 e 14 de xuño serán as datas nas que se procederá ao pagamento e ao levantamento das actas previas á ocupación.
Dispoñer destes terreos é condición necesaria para poder levar a cabo o proxecto de mellora da citada estrada vertebradora das comunicacións en Montemaior, unha actuación valorada en 393.000 euros e xa contemplada nos orzamentos municipais deste ano.
Afecta a unha distancia de 2.355 metros lineais nos que a plataforma da calzada será ampliada ata os dez metros de anchura. Ademais de renovar o pavimento e mellorar a rede de recollida de pluviais, serán instalados elementos de seguridade, como biondas e sinalización horizontal e vertical.
Temas
Más en Bergantiños
-
O incombustible grupo madrileño Los Secretos actuará no San Xoán de Carballo
-
Demandan no Parlamento máis solo industrial para Costa da Morte e Barbanza
-
El Supremo confirma la inhabilitación del exalcalde de Coristanco por prevaricación
-
Baldaio acolle 10 dos niños das 84 parellas de píllara das dunas que hai en Galicia