O ciclo da USC en Ribeira abre cun seminario sobre idadismo

Zona del puerto del Concello de Ribeira.

Zona del puerto del Concello de Ribeira. / ECG

Redacción

A Universidade de Santiago abrirá este martes o prazo de matrícula do ciclo de conferencias Camiños de coñecemento e experiencia correspondente á aula de Ribeira e dirixido a persoas maiores de cincuenta anos, coa intención de estender a formación universitaria a esta franxa de poboación.

Os seminarios desenvolverase os días 1, 2, 8,9, 15 e 16 de marzo en horario de 18.30 a 20.00 horas no centro cultural Lustres Rivas. A matrícula estará aberta ata o día 24 e pódese facer chamando ó número de teléfono 981 835 650.

O día 1 de marzo, Nieves Rodríguez Solar, socióloga e xerontóloga social, impartirá un seminario sobre idadismo (discriminación por razóns de idade). O día 2 dirixirá a sesión práctica ó respecto.

O día 8, María Jesús Giráldez Fernández, María Covadonga Vázquez Sánchez e Carlos García Resúa (doutores en Óptica e Optometría) impartirán un seminario sobre a importancia de ver ben en todas as etapas da vida. O día 9 será a sesión práctica.

E, finalmente, o día 15, Mónica Rey Cabezudo, doutora en Historia da Arte, impartirá o seminario Moda, arte e historia: unha lectura diferente do patrimonio galego. O día 16 guiará unha visita ó Castro da Cidá de Ribeira.