Arzúa dá prioridade no POS á mellora de varios camiños

O Concello conta este ano con 726.010 euros, a metade para gastos

Imagen de la fachada del Concello de Arzúa

Imagen de la fachada del Concello de Arzúa / Concello de Arzúa

Redacción

Os membros do goberno municipal de Alternativa por Arzúa e PSdG-PSOE levaron o luns a unha sesión plenaria extraordinaria a aprobación das obras e proxectos que se financiarán grazas ao Plan de Obras e Servizos que financia a Deputación Provincial. A proposta do goberno local contou co respaldo de todos os grupos políticos da Corporación, que manifestaron a súa conformidade co voto a favor da mesma, exceptuando o Partido Popular, que se abstivo na votación.

Do total de 726.010 euros dos que o Concello disporá, o goberno que preside José Luis García destinará 358.000 euros para gasto corrente e algo máis de 104.000 euros investiranse en gastos sociais coa finalidade de seguir mellorando a calidade de vida de todos os veciños e veciñas, especialmente das persoas maiores, daquelas que máis o necesitan ou daqueles outros colectivos en maior risco de exclusión social. O equipo de goberno decidiu ademais que os máis de 260.000 euros restantes sexan destinados á mellora de diversas vías e camiños municipais da zona rural de Arzúa.

Acondicionaranse o camiño de Pousada, en Pantiñobre, o camiño da Paínza e a pista que dende a estrada AC-905 (Brandeso) conduce ata o lugar da Carballeira en Viñós. Procederase tamén ao aglomerado do camiño de Lema a Magulán; pavimentaranse Os Corrales (Boente) e melloraranse os camiños que dende o lugar de Carballeira, en Viñós, conducen ata o Ventorrilllo e ata A Igrexa.

OBRAS.

A sesión plenaria deu luz verde tamén á aprobación das obras incluídas no denominado Plan Complementario, que recolle a mellora do viario de Pantiñobre a A Riba, a substitución do sistema de contención sobre o río Vello e a humanización da rúa Nova, no casco urbano da vila.

Indicar que a aprobación do Plan de Obras e Servizos correspondente ao ano 2023 representa, en palabras do alcalde, José Luis García, “unha aposta polas políticas sociais tan necesarias e un compromiso firme co noso rural”.