O Concello pobrense vai poñer en marcha un curso de poda de froiteiras e outro de enxertos

A edil Genoveva Hermo, esquerda, e a técnica Beatriz González. c. P.

A edil Genoveva Hermo, esquerda, e a técnica Beatriz González. c. P. / redacción

Redacción

O Concello da Pobra vai poñer en marcha un curso de poda e outro de enxerto de froiteiras. Vaino impartir a labrega e formadora Carme Freire Cruces. Comezará cunha clase teórica o día 11 de marzo ás 10.00 na aula de estudo da biblioteca. Pola tarde tocará levar ao terreo os coñecementos coa poda en seco. A práctica seguirá o día 5 de maio coa poda en verde para concluír o 31 de agosto coa poda de cerdeiras. O curso de enxerto será os días 10 de marzo e 1 de setembro, de 16.00 a 20.00, en parcelas.