Trinta empresas comparten un networking co presidente da Deputación en Ponteceso

Ponteceso, entre los 16 finalistas de los I Premios Pueblo del Año de Galicia

Ponteceso, entre los 16 finalistas de los I Premios Pueblo del Año de Galicia / CEDIDA

Redacción

A nova oficina Acelera Pyme, habilitada pola Deputación da Coruña en Ponteceso para impulsar a transformación dixital das empresas do rural provincial, clausurará este mércores o primeiro obradoiro de marketing dixital no que participaron trinta empresas e autónomos. A iniciativa rematará cun café-networking ao que se sumarán o presidente da Deputación, Valentín González, e o alcalde pontecesán, Lois García.

Será ás 12.00 horas e con el clausurarase esta primeira actividade de Acelera Pyme. O obradoiro foi impartido por Rebeca Facal, experta en community manager, marketing e publicidade.

O obxectivo é introducir ás empresas no marketing dixital aportándolles unha visión global do sector e das ferramentas que teñen á súa disposición. O novo espazo divulgativo, habilitado no polígono de Tella, quere axudar aos promotores de iniciativas empresariais a situar o punto de partida do seu negocio e brindarlles unha folla de ruta para planificar unha estratexia e un plan de contidos.