Ames pavimentará a estrada de Lombao ata Ameixenda e construirá unha senda peonil

A xunta de goberno local aprobou este mercores a actuación por un importe de 146.500 €

Plano das obras no Lombao

Plano das obras no Lombao / Concello de Ames

Redacción

A xunta de goberno local de Ames vén de aprobar o expediente de contratación das obras de pavimentación da estrada do Lombao por importe de 146.503,99 euros. O proxecto, que forma parte do POS+ 2022, contempla a mellora da capa de rodaxe do viario ao longo de 750 metros, e a creación dunha senda peonil na marxe dereita da vía para darlle continuidade ás beirarrúas existentes. O proxecto recolle o arranxo da estrada que discorre dende O Lombao ata A Ameixenda.

O lugar do Lombao, na parroquia de Covas, vai gozar dunha renovación da pavimentación do seu viario, tras a aprobación do proxecto pola xunta de oberno o pasado xoves 23 de febreiro. O proxecto conta cun orzamento base de licitación de 146.503,99 euros, incluídos no plan POS+ 2022.

A mellora da capa de rodaxe levarase a cabo mediante a execución en toda a plataforma dunha capa de 5 centímetros de aglomerado en quente, previa reparación das fochancas con 10 centímetros de grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

A senda peonil contará cunha lonxitude total de 390 metros e 1,80 metros de ancho medio. Executarase con 15 centímetros de formigón, sobre 20 cm. de zahorra. Na marxe exterior disporase dun bordo de formigón prefabricado. Baixo a senda executarase a rede de recollida de augas pluviais mediante canalización de PVC.

TEMAS