Frades abre as portas do museo de etnografía e historia da comarca

Algunhas pezas recompiladas nos últimos meses /concello de frades

Algunhas pezas recompiladas nos últimos meses /concello de frades / redacción

Redacción

O Concello de Frades celebra este sábado 24 de marzo, de 17.00 a 20.00 horas, unha xornada de portas abertas no centro multiúsos para dar a coñecer o Museo de Frades (Mufra), incluído no proxecto Centro de Cultura Tradicional A Herdanza do Pasado. Durante esa tarde terán lugar visitas guiadas ao museo para todas as persoas que desexen coñecelo, así como xogos tradicionais para toda a familia e merenda para todas as persoas asistentes. O grupo Faíscas da Pontraga será o encargado de poñer a nota musical. O Centro de Cultura Tradicional A Herdanza do Pasado é un proxecto promovido polo Concello de Frades que inclúe a creación de mencionado museo e a cooperación e financiamento de actividades paralelas dirixidas á conservación das tradicións rurais. Todas as persoas que asistan poderán coñecer de primeira man os centos de pezas recompiladas ao longo dos últimos meses e que foron lixadas, limpadas, desparasitadas e recuperadas con mimo por profesionais da empresa Acervo Acción Cultural.